| Gallizisch |
|
|
|
|
Granxa infantil de aventura: Kolle 37
Un proxecto de Netzwerk Spiel/ Kultur Prenzlauer Berg e.V.
Aquí, os nenos poden construír as súas propias cabanas, facer lume, traballar no xardín, observar os animais coidando deles ou, simplemente, xogando con eles. Hai diferentes proxectos nos que os nenos poden desenvolver a súa creatividade ou aprender a manexar diferentes materiais e ferramentas. Para iso temos talleres de cerámica, de madeira, de felpa, de ferrería e unha sala onde poden tocar instrumentos musicais. O terreo da granxa ocupa uns 4.000 m2. Na granxa traballan catro pedagogos e varios instructores. O barrio Pankow de Berlín subvenciona o costo do persoal e parte dos gastos de materiais. A visita á granxa é gratuíta, exceptuando as ofertas especiais como excursións, aloxamento, etc. O horario de apertura é de luns a venres de 13.30 ata as 19.00 e os sábados de 13.00 á 18.00h. Polas mañás, tanto os grupos de escolares coma os xardíns de infancia teñen a granxa á súa disposición.
|



